+Kms Barreiros 2024

ENTREGA DE PREMIOS DO CIRCUITO

BARREIROS CLAUSURA O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES 2023 COA ENTREGA DE PREMIOS
 
?O centro sociocultural de San Cosme de Barreiros acolleu onte a clausura da II edición do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros coa entrega de premios aos mellores deportistas así como un agasallo conmemorativo a todas as persoas que participaron en, polo menos, 4 das 6 probas coas que conta o circuíto. A Carreira Solidaria de Reis, a Carreira das Praias, o ½ km Vertical, a Benquerencia Terra-Mar, o Trail Monte Comado e a Carreira Popular Ao Son do Masma.
? Tamén houbo un oco para o agradecemento ás asociacións colaboradoras e organizadoras de varias probas do circuíto. Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
?? Á entrega de premios asistiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e o concelleiro de dinamización, Dani García que agradeceron a numerosa asistencia á Gala así como a boa participación que se acadou este ano no circuíto.
➕ O edil de dinamización fai “un balance moi positivo” e agradece a colaboración “polo traballo e dedicación que tanto deportistas como voluntarios e voluntarias, tecido asociativo e patrocinadores, que fan posible manter en Barreiros 6 carreiras populares xa consolidadas no calendario mariñán”.
2️⃣0️⃣2️⃣4️⃣ Dani García anunciou tamén a continuidade do circuíto +KmsBarreiros para o 2024 dando comezo “o vindeiro 7 de xaneiro teremos a carreira e andaina solidaria de Reis que dará o pistoletazo de saída a unha nova edición que traerá novidades”. O concelleiro animou a descubrilas “buscándonos nas das redes sociais, facebook e instagram ou a través da app propia do circuíto que está dispoñible tanto para Android como iOS na web www.maiskmsbarreiros.gal.

 

Bases e novidades 2023

+ Info no Regulamento oficial

Ler máis