SOLIDARIEDADE E RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA CARREIRA DE REIS ORGANIZADA POLO CONCELLO DE BARREIROS

Xan 16, 2025

✨SOLIDARIEDADE E RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA CARREIRA DE REIS ORGANIZADA POLO CONCELLO DE BARREIROS

Recadáronse máis de 600€ a prol da asociación Saúde Mental A Mariña.

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros que serán doados á Asociación Saúde  Mental A Mariña coa que o Concello colabora nesta edición do 2025.

A xornada, que tivo lugar o domingo 12 de xaneiro en San Cosme, contou cunha andaina de 9 km na que participaron 87 persoas, e distintas carreiras infantís antes da proba absoluta de 8 km. A elevada participación, 329 inscricións, fixeron que fose a cifra máis alta da historia da carreira.

O día transcorreu cun ambiente de deportividade e solidariedade no centro da vila, ao que se achegaron participantes, acompañantes e veciñanza.

O Concello de Barreiros agradece a colaboración a quen, dunha forma ou otra, puxo o gran de area para que este evento deportivo e social puidese levarse a cabo, en especial, a todas as persoas que fixeron doazón no momento da inscrición e ás entidades patrocinadoras e asociacións colaboradoras.

Ver as galerías de fotos
https://maiskmsbarreiros.gal/es/web/galeria/